O bibliófilo
Procura na Internet que métodos existen para protexer os libros das enfermidades.
O papel, do que están feitos os libros é un material constituído por unha delgada lámina elaborada a partir de pasta vexetal cun alto contido en celulosa.
Investiga:
a) Que tipo de biomolécula é a celulosa?
b) Explica a súa estrutura: monómeros e tipo de enlace.
c) Cal é a súa función na célula?
Unha das fases da elaboración do papel é o branqueado. Actualmente faise de tres formas: con cloro elemental, con dióxido de cloro e sen cloro (empregando auga osixenada e sulfito sódico hidratado)
a) Indica a fórmula química de tódolos compostos que se poden empregar.
b) Que propiedade do grupo dos halóxenos, como o cloro, o fan tan apto como branqueantes?
c) Que método sería o máis contaminante e cal o menor?
d) Quen é o responsable de que o papel teña un brillo azulado cando están sometidos a una luz ultravioleta? Que tipo de moléculas son?
Comentarios
Publicar un comentario