O historiador e o xeógrafo
Para poder calcular a cantidade de pedra necesaria para construír os muros dunha palloza necesitamos saber a lonxitude total destes.
a) Como a calcularías? Cal é?
b) Se o muro mide 1,5m de alto, cal é a superficie total que imos cubrir coa pedra?
c) Por outro lado, se o muro de pedra ten un grosor de 40 cm, cal é a superficie habitable da vivenda?
d) Se quixésemos construír un casto de radio 3 cm nunha parcela de terra cadrada de lado 4,5 cm, algunha parte da vivenda quedará fóra da parcela?
Comentarios
Publicar un comentario