Obra




Actividade ISBN



Como viches no Cartel 2 Fraguas escribiu multitude de obras.  No mundo cada ano publícanse millóns de obras e é preciso un método para poder identificalas e comercializalas.
Utilizar o título da obra sería útil?
Na actualidade empregamos o ISBN, (International Standard Book Number), un identificador único para cada libro utilizado dende o 1970, o DNI dos libros. Este número está formado por 10 díxitos que se reparten entre:

-O código do país ou lingua
-O código do editor
-O número do artigo
-Un díxito de control

O díxito de control serve para comprobar que non se cometeu un fallo nos anteriores. Primeiro multiplícase o primeiro número por 1, o segundo por 3, o terceiro por 1, o cuarto por 3, e así sucesivamente ata chegar ao doceavo. A continuación súmanse os resultados, e o díxito de control é o número que debe engadirse á suma anterior para que sexa divisible por 10.



En vista do algoritmo anterior, coa axuda da calculadora comproba se os seguintes códigos ISBN das obras de Fraguas son correctos ou non. De non seren correctos indica cal debería de ser o díxito de control correspondente.

Cantigueiro de Cotobade,                                ISBN: 9 - 78847492881 – 5

Lugo,                                                                ISBN: 9 - 78844007634 - 3

A festa popular en Galicia,                              ISBN: 9 - 78847492780 – 4





Agora que coñeces como se catalogan os libros fai unha procura das obras de Antón Fraguas na web da Biblioteca Nacional e localiza estas obras a través do ISBN.

Comentarios

Publicacións populares