O director do Museo do Pobo Galego
Antón Fraguas doou ao Museo do Pobo Galego as ferramentas de seu pai que era canteiro, un dos oficios tradicionais da poboación galega. Galicia é un dos territorios máis antigos da península, con rochas de 300 millóns de anos. Nela podemos atopar rochas de tódolos tipos coa excepción das rochas magmáticas volcánicas. As rochas predominantes son as rochas magmáticas plutónicas de tipo granítico, e as rochas metamórficas como os xistos ou lousas. As rochas sedimentarias son escasas, as máis características son os conglomerados, arenitas e arxilas.
Identifica as rochas das fotografías e clasifícaas en magmática plutónica, magmática volcánica, sedimentaria e metamórfica.
No seguinte mapa de Galicia identifica as zonas paleoxeográficas, distinguindo dominios, complexos e unidades.
Que tipos de rochas domina en cada area sinalada no mapa? Inclúe exemplos de cada tipo.
A minería galega baséase en minerais industriais (anfibolita, arxila, area silícea, arenisca, caliza, caolín, corneana, cuarcita, cuarzo, feldespato, magnesita, serpentina o dunita); rochas ornamentais, (maioritariamente granito e lousa); produtos de canteira (principalmente áridos para a construción) e augas minerais, que Galicia aproveita no turismo e na industria grazas ás captacións catalogadas, aos balnearios que fan uso delas, e as plantas embotelladoras.
Relaciona con frechas as seguintes columnas.
Só unha secuencia é válida. Podes procurar a información que precises na Internet.
ROCHA
|
TIPO
|
USO
|
EXPLOTACIÓN
|
Granito
|
Metamórfica
|
Ornamental- Paredes
|
Cerceda (Meirama)
|
Lignito
|
Magmática
|
Enerxía- Electricidade
|
Carballeda de Valdeorras
|
Lousa
|
Sedimentaria
|
Ornamental- Tellados
|
Porriño
|
Comentarios
Publicar un comentario